Entrevista a Carlos Portela – Versión en Galego

Expocómic 2012 - Carlos Portela

Ir a la versión en  castellano | Versión en galego

Expocómic 2012 - Carlos Portela

No ano 94 a xeración de nenos e adolescentes galegos dos 80 e fináis dos 70 tivemos a oportunidade de ver nacer un dos programas televisión que marcou a infancia de moitos de nos. O Xabarín Club mesturaba programas de produción propia como “A cantar con Xabarín” con grandes series de animación como Dragon Ball, Doraemon ou Doutor Slump ou acción real coma O mundo de Beakman, que a máis de un nos fixo interesarnos pola ciencia. Unha das persoaxes propias desta primeira etapa do Xabarín era o Doutor TNT que, encarnado por Carlos Portela, daba resposta as preguntas a audiencia falando sobre o mundo do cómic américano e europeo e do manga (que gozaba so seu primeiro boom nese momento).

No pasado Expocómic tivemos a oportunidade, xunto coas conversas con JMV e Salvador Larroca, de entrevistar a Carlos Portela que, aínda que deixou atrás hai moito tempo a persoaxe do Doutor TNT, continúa co seu traballo coma guionista de Las nuevas aventuras de Esther e diversas series de televisión entre as que se atopan recentes éxitos da TVG coma Matalobos e Padre Casares.

nueve: A maioria da miña xeración coñecete como o Doutor TNT e de feito temos a esa era do Xabarín Club coma unha das mellores da TVG en programación xuvenil, algo moi distinto do que podemos ver agora con ese abandono da programación infantil e xuvenil por parte das televisións xeralistas, cal é a túa opinión sobre isto?

Carlos Portela: Cando nos fixemos o Xabarín non había tantas canles temáticas adicadas a infancia, entón todalas televisións tentanban captar a franxa da volta da escola para ese producto. O que sucedeu é que o abrirse o espectro de canles temáticas sobre todo coa TDT creanse canles especificas para este tipo de público e as xeralistas ou as autonómicas deixan de lado ese público porque precisan competir buscando os contidos de maior audiencia. Aínda que poidamos pensar que as canles autónomicas teñen unha vocación de servizo público e deben cubrir todalas franxas de idade, o certo e que a presión por ter contidos rendables e moi grande e se publicas un programa infantil ou xuvenil e baixa a audiencia no parlamento a oposición, sexa quen sexa, lanzase a criticar a decisión por non ser rendable e ser un gasto innecesario de diñeiro. Entón por unha banda dise que as televsións públicas deben dar servizo público para todos os cidadáns que, de feito, pagan esa televisión, pero o mesmo tempo se esa televisión non é rendible os mesmos partidos políticos segundo estean nun lado ou noutro buscan a mínima diferencia para criticar a grella de programación co cal nos atopamos ante unha ecuación moi difícil de resolver. Agora pasouse o programa para primeiras horas da mañá e con Disney Channel, Clan, etc… a competencia é durísima e eliminouse a produción propia que era a que faciamos nos. Cando retiras a produción propia quedaste cun contedor de debuxos animados e xa non podes facer as pezas, non podes facer os videoclips e tampouco podes ter esa interacción como o que faciamos co Doutor TNT falando un pouco da cultura pop, algo que agora tamén podes atopar hoxe en internet en blogs ou webs.

Tamén che debo confesar que o nacemento do Doutor TNT foi unha casualidade. Eu entrei como guionista no programa e Suso Iglesias, que despois foi director, díxome de facer algo así e a min tampouco me desagradou a idea. Entón decidín crear unha persoaxe porque tampouco tiña moito senso que eu saíra decindo: “Ola, son Carlos Portela” porque a xente que me vise diría: “E este tipo quen demo é”. O certo é que nin Suso, nin eu nin ningún dos involucrados tiñamos a máis remota idea de que o programa ía a funcionar tan ben. Tampouco penso que eu, polo meu aspecto, sexa o presentador ideal de feito non tiña nin vocación diso nin nada polo estilo, o meu é escribir guións e iso foi  un accidente pero durou case cinco anos. A min incluso me agobiaba iso de que a xente me recoñecese porque mírame (fai un xesto hacia si mesmo), gustánme moito os cómics, iso é certo, pero son unha persoa normal. (risas)

9: Ademáis de ser o Doutor TNT, como ven dis, guionizaches grande parte da produción propia da TVG como Rías Baixas ou Padre Casares e xa levas con Esther durante varios anos, qué tal está funcionando Esther?

C.P.: Esther está funcionando moi ben, sobre todo para o que é o estándar español de vendas non está nada mal. Penso que das novas aventuras xa debemos ter superado as 40.000 unidades vendidas en total que é unha cifra altísima porque o estándar de vendas en España e de mil ou milcincocentos exemplares. Calquera título que pase dos milcincocentos exemplares para o editor é case un éxito. Non digo un best seller porque éstes na historieta española son contadísimos, consígueno os premios nacionáis que por selo chegan normalmente os 10.000 exemplares, certas obras de Prado ou de Paco Roca, aínda que tampouco todas. O problema é que no mundo do cómic en canto as vendas en España é que se en literatura o longo do ano hai dez ou quince títulos que pasan dos 30.000, nos non temos iso nin sequera Mortadelo se achega a esas cifras, durante un tempo funcionou así Naruto pero agora nin iso, e cando sae un Axterix novo ou, no seu momento, un Tintín. O estándar de vendas é moito máis baixo o certo é que cando un sabe as vendas reáis das cousas dache esa sensación de ter os pes na terra. É moi normal que cando un e afeccionado ós cómics pense que todo o mundo merca, sucede o mesmo coas series que todo o mundo as ve, e non é certo. Ó final son universos pequeniños.

Nos, cando sacamos o primeiro de Esther, chamábanme doutras editoriáis dicindo que iso era incrible, e a nos tamén nos pillou por sorpresa.

9: No caso de Esther tamén é un pouco especial porque foi un cómic de éxito nos 70 e 80 pero tiña un público obxetivo moi claro que agora non le cómics.

C.P.: Quizáis non le cómics porque non se fan cómics para elas. Sempre nos queixamos de que as mulleres non len cómics pero tampouco se fan cómics para elas. Eu sempre pensei que iso é absurdo, para empezar, en termos absolutos, as mulleres len máis que os homes, así que despreciar as lectoras é o maior erro que se pode cometer. Entón cando se me ofrece a oportunidade de facer Esther coa sua autora orixinal e sendo un tebeo clásico español eu, como afeccionado os cómics que son, aceptei sen dubidalo un segundo. Eu xa lera Esther no seu momento porque son un auténtico devorador de tebeos ademáis tampouco teño problemas coa súa procedencia, leo dende manga a banda deseñada europea e por suposto historieta femenina. Ademáis neste tipo de historias podes atopar cousas moito máis interesantes e mellor estructuradas que nas adicadas os homes. Non sería a primeira vez que teño algunha discusión o respecto disto e o certo é que os guións dos cómics de superheroes teñen algunhas cousas que son moi ridículas e non ten ningunha consistencia, cando o les olvidaste diso e pásalo ben e co cómic femenino é a mesma historia non ten porque ter uns guión menos elaborados como moitos poden dicir.

Con Esther fixemos unha actualización da persoaxe, nos 70 e 80 as lectoras eran adolescentes e agora son mulleres de entre trinta o corenta anos, estamos facendo un tebeo que estea en consonacia coa serie clásica mantendo o seu estilo pop pero con unha certa lectura adulta. Las situacións que se dan son os problemas que se poden ter cando tes fillos ou cando xa sobrepasas a trintena e te reencontras a xente que coñecías cando estabas no instituto de súpeto ver que foi daquelas expectativas que ti tiñas e cal é a situación real na que te atopas agora. Son situacións totalmente reáis e grazas a iso conectou. Está claro que non son os 300.000 exemplares da época de Bruguera pero tamén os tempos son distintos e as distribucións non son as mesmas. O quiosco xa non existe, practicamente, e é todo venda directa ou a través de librerías especializadas, así que é moito máis difícil chegar o mesmo público de antes.

9: Nos anos 80 había un boom tremendo de revistas que funcionaban, e é algo que desapareceu, cómo afeccionado ós cómics que opinas diso?

C.P.: Hai un detalle sobre ese boom de revistas que non debemos esquecer. Esta grande cantidade de revistas existiron porque entramos na democracia e hai unha chea de material que se xerara en Italia e Francia nos anos 60 e 70 que aquí non se chegara a publicar. Entón nos primeiros 80 todo ese material entrou a través de Totem e un par de revistas máis e a cousa funciona e teñen acumulada tal cantidade de material que daba para abastecer un monte de revistas que en cinco anos publican todo o que non se tiña publicado nos 20 anteriores. Despois diso toparonse sen material para tanta revista e a calidade baixa estrepitosamente e a burbulla estala. E tampouco hai nada peor que estar de moda porque cando a pasa a moda quedaste sen nada e iso foi o que lle pasou un pouquiño os cómics a principios dos anos oitenta. Eu lembro os tempos nos que “El Víbora” vendía 50.000 exemplares cousa que hoxe non sucede con ninguén. Se ti en catro anos publicas o que Moebius fixera en doce quedaste sen cousas que publicar e tes que esperar un ano para que Moebius faga un álbum novo. Esto foi o que pasou, os que tivemos a sorte de vivir eso con  trece ou catorce anos, a cantidade de lecturas que puidemos ter en cinco anos foi un chute absoluto de historieta para adultos e iso tivo os seus resultados, deu un xeración que foi a que despois como autores deu o paso a creación do mercado directo co nacemento de Camaleón e as librerías especializadas coa rede de distribución de SD que curiosamente é un modelo américano en canto ó mercado e os cómics que nos estabamos facendo eran pseudotebeo francés, porque aprendimos co tebeo francés, co resultado dunha mistura que non ten por onde saír e que ven a dar o que temos hoxe en día.

Pasa ó manga, que está en franca decadencia en canto a vendas, a pesar de que nun momento pensaba que o manga quedaría estabilizado pero parece que non e en Francia tamén está a pasar. Hai cousas que se seguen vendedo bastante ven e hai grandes series pero non é o que foi no primeiro lustro dos noventa y nin a principios da década pasada. E que conste que un dos motivos que non está analizado pormenorizadamente para o nacemento da nóvela gráfica é a influencia do manga e do cambio tecnolóxico que de súpeto a xente descubre que non ten por qué  facer álbumes de 48 páxinas coma no ano 44 que esto xa non é a segunda guerra mundial e non hai restriccións de papel e podes facelo como queiras. E se te fixas o formato é máis pequeno, é un formato a medio camiño entre o ábum europeo e o fan os xaponeses que son historias de 2000 ou 3000 páxinas.

9: Agora non existen revistas pero temos internet, qué opinas dos novos módelos de mercado a través de internet?

C.P.: Paréceme fabuloso, e outro xeito de chegar a xente. O problema é que a moita xente lle venden internet como a panacea e ti montas unha páxina e o final visitante trinta persoas porque o problema é o posicionamento en Google e canta xente te coñece non depende tanto da calidade da páxina. Hai moitas páxinas boas que a xente non coñece. Esa é a estratexia de venda de Amazon. Amazon aguantou, aguantou e aguantou ate que ó final se está comendo o mercado absolutamente, ninguén pode competir en prezos con eles. En España nese senso hai pouca diferencia porque a ley non permite baixar os prezos máis dun cinco por cento pero nos EUA é brutal. Amazon no que é na librería especializada en xeral acabou cos previews porque ti podes pedir ós EUA directamente e vai a túa casa cun corenta por cento de desconto antes de que saían os cómics, cheganche a casa antes que os previews e a metade de prezo.

9: Deixando o tema do mercado un pouco de lado, en qué proxectos andas metido agora?

C.P.: Agora mesmo estou traballando para Telecinco, nunha comedia con Antonio Resines do estilo das comedias desa casa como La que se avecina, Aída, etc. Se todo vai ben grabarase ó longo do ano que entra e supoño que se estreará a fináis dese mesmo ano. Perohttp://blog.livedoor.jp/geek/archives/51372454.html en televisión, actualmente, no se pode afirmar nada porque o mesmo non se fai. Teño tamén outras cousas relacionadas coa televisión, estou coas novas aventuras de Esther e o ano que ben vaise publicar Impresiones de la isla nun recopilatorio que recolle os dous números de Camaleón, varias historias curtas que eu fixera con Fernando Iglesias  e unha especie de volume con vinte anos de antoloxía dese tipo de historias. Unha cousas así bastante indie e bastante rara, pero ben, a curiosidade é que está feita hai vinte anos e nunca se editara en condicións. E algunha cousa máis por ahí escribindo pero ate que a teña terminada tampouco quero dicir nada.

9: Para rematar, cómo ves a situación galega actual en canto o cómic e máis en xeral no plano cultural?

C.P.: É unha pregunta difícil… o mercado cultural está mermado, evidentemente un dos primeiros sitios onde se fan recurtes é na cultura. Tamén é lóxico, antes de recurtar en sanidade e educación, aínda que nos poida doer porque é o que nos toca a nos, iso é o principal onde non hai que recurtar, mais iso xa é outro tema e outra conversa. A min o que me conta a xente que está traballando alí é que si que está habendo moitos recurtes nesos aspectos e que ademáis o ser un país pequeno cunha industria cultural pequena aínda que bastante desenvolvida ó pegar un hachazo e recortar valo a deixar en nada. Se te fixas tódolos productos (audiovisuais) que hai na tele son lowcost e iso xa quere dicir algo. Polo menos aínda se está a facer algo porque no resto de autonómicas en xeral non se está a facer nada. Moitas veces a xente queixase da galega e comparado co que hai fora é unha marabilla, salvo TV3 o resto de canles en canto a produción propia están moi por debaixo e nese senso somos os segundos a nivel estatal. Pero claro, tampouco hai cartos e hai que ter en conta que somos pouco máis de dous millos de persoas e se xa normalmente non se len libros moito menos en galego.

A cousa está moi complicada o que vos pasou a vos (desaparición do Viraventos) podeme pasar a min mañá e moita xente está emigrando e tentando buscar traballo fora e agora comentabame Juan Díaz Canales (Black Sad) que en Francia a cousa tampouco está nada ben polo menos no mundo do cómic e é Francia, un dos maiores produtores mundiais. Supoño que é unha cuestión xeralizada e que a xente tamén ten medo e como ten medo non quere arriscar o que produce máis incertidume e hai que romper iso. É complicado, supoño que o primeiro que tiñan que facer os gobernos é facilitar os créditos e non tanto salvar bancos como salvar xente. A min gustariame ver o primeiro banqueiro que meten na cadea ou que perde o traballo sen cobrar unha indemnización de un millón ou dous millóns, que eu hai meses que non os gano. (risas) Pero o que vos vades a facer co blog é o que hai que facer, non se pode quedar un na casa.

9: Moitas grazas por adicarnos estes minutos do teu tempo.

C.P.: Foi un pracer e moita sorte co voso blog.

Sé el primero en comentar

Deja un comentario